O Concello de Marín convoca un encontro sobre oportunidades en materia de vivenda no municipio | Observatorio de Vivenda

O Concello de Marín convoca un encontro sobre oportunidades en materia de vivenda no municipio

O Concello de Marín convoca un encontro sobre oportunidades en materia de vivenda no municipio

O Concello de Marín realizará o 24 de marzo o encontro "Marín Urbano, para vivir" para o que están convocadas diferentes empresas do sector inmobiliario como construtoras inmobiliarias ou promotoras.

Nesta xornada participarán representantes do Instituto Galego de Vivenda e Solo, arquitectos e representantes da ARI de Marín e de urbanismo do concello e tratarán bloques como a rehabilitación de vivendas, a situación actual do municipio, a inversión de axentes privados para o aumento do parque de vivenda ou a valoración das políticas levadas a cabo polo goberno.

Fonte.- Pontevedra Viva