O Concello de Maside en colaboración co Laboratorio de Radon de Galicia analizarán os niveis de gas radon do municipio | Observatorio de Vivenda

O Concello de Maside en colaboración co Laboratorio de Radon de Galicia analizarán os niveis de gas radon do municipio

O Concello de Maside en colaboración co Laboratorio de Radon de Galicia analizarán os niveis de gas radon do municipio

O Concello de Maside, en colaboración co Laboratorio de Radon de Galicia (LRG) da Universidade de Santiago de Compostela, medirán o gas radon en vivendas e elaborarán un mapa de radon do concello para promocionar unha vida saudable e para a caracterización e medición dos riscos para a saúde. O convenio de colaboración entre Maside e o LRG é o primeiro da provincia de Ourense e o segundo en toda a comunidade autónoma despois do asinado polo de Teo. 

As medicións faranse con detectores de longa exposición, mediante un procedemento acreditado pola ENAC. Nunha primeira fase medirase unha vivenda por cada núcleo de poboación, un total de 69, e os resultados serán confidenciais e proporcionaranse de xeito exclusivo aos propietarios, ademais de ser integrados de forma anónima no mapa de radon de Galicia. Posteriormente, as medicións continuarán realizándose segundo sexa necesario.

Galicia é unha das zonas cos índices máis elevados da Península Ibérica debido á abundancia de granito. Con esta medida, preténdese coñecer os terreos para a construción de novas vivendas, así como a adopción de medidas para a reducción do gas nas casas xa habitadas.

 

Fonte | La Región