O concello de As Neves recibe unha subvención do IGVS para a rehabilitación de catro vivendas do municipio | Observatorio de Vivenda

O concello de As Neves recibe unha subvención do IGVS para a rehabilitación de catro vivendas do municipio

O concello de As Neves recibe unha subvención do IGVS para a rehabilitación de catro vivendas do municipio

O concello de As Neves acaba de recibir unha subvención do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). A axuda intégrase dentro do Plan Rehabita e irá destinada á rehabilitación de catro vivendas sitas no municipio. Os catro inmobles en cuestión foron catalogados como "infravivendas" por non concorrer os requisitos mínimos de habitabilidade, motivo polo que se lle concedeu ao concello o 95 por cento do presuposto das obras, é dicir, 28.578 euros que, xunto coa achega do goberno local, posibilitará rehabilitar as vivendas no municipio.

Fonte.- Atlántico