O Concello de Ponteceso publica as bases do concurso de adxudicación de dúas vivendas de alugueiro social  | Observatorio de Vivenda

O Concello de Ponteceso publica as bases do concurso de adxudicación de dúas vivendas de alugueiro social 

O Concello de Ponteceso publica as bases do concurso de adxudicación de dúas vivendas de alugueiro social 

O Concello de Ponteceso publicou na súa páxina web as bases que rexirán o concurso para a adxudicación de dúas vivendas sociais municipais en réxime de alugueiro situadas no edificio anexo as escolas. 

As condicións a cumplir para á admisión de solicitudes son: residir en Ponteceso, non ter sido beneficiario nos últimos 15 anos de vivendas de promoción pública ou estar ao corrente nos pagos de tributos. O prazó para enviar a documentación será de un mes, a contar dende o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. 

Os beneficiarios firmarán un contrato de alugueiro de cinco anos de duración que podería prorrogarse o máximo que permite a lei. O prezo será de 60 euros mensuais e aportarase unha fianza correspondente a dúas mensualidades. 

 

Fonte | La Voz de Galicia