O Concello de Pontevedra destinará catro millóns de euros a rehabilitar 75 vivendas | Observatorio de Vivenda

O Concello de Pontevedra destinará catro millóns de euros a rehabilitar 75 vivendas

O Concello de Pontevedra destinará catro millóns de euros a rehabilitar 75 vivendas

O Concello de Pontevedra a través dos fondos para Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) investirá 4 millóns de euros en rehabilitación de inmobles despois de aprobar esta medida na Xunta de Goberno Local.

O número total de vivendas a rehabilitar será de 75, das que 50 estarán no casco vello da cidade, cun orzamento de 3.594.166 euros, e 25 no barrio de Estribela con fondos totais de preto de 500.000 e estarán divididas en tres anualidades, 2023,2024 e 2025.

Fonte.- Diario de Pontevedra