O Concello de Sada abre unha oficina para axudar a tramitar as axudas do Ingreso Mínimo Vital e de Alugueiro | Observatorio de Vivenda

O Concello de Sada abre unha oficina para axudar a tramitar as axudas do Ingreso Mínimo Vital e de Alugueiro

O Concello de Sada abre unha oficina para axudar a tramitar as axudas do Ingreso Mínimo Vital e de Alugueiro

O Concello de Sada instalará unha oficina de atención aos cidadáns para axudar aos veciños a tramitar o Ingreso Mínimo Vital impulsado polo Goberno central para facer frente ao impacto ecónomica que a crise da COVID-19 xenerou na poboación. Tamén se prestará servizo para a tramitación do Programa de Axudas para minimizar o Impacto Económico e Social da COVID-19 nos Alugueiros de Vivenda Habitual. 

Este novo servizo, dispoñible a través de cita previa que os interesados poderán solicitar chamando ao 687 322 743 ou a través da dirección electrónica axudas@sada.gal, comezará o luns 22 de xuño nas dependencias da pranta baixa do edificio da OMIX na Praza da Peixería. 

 

Fonte | Concello de Sada