O Concello de Santiago estuda o desenvolvemento das vivendas colaborativas | Observatorio de Vivenda

O Concello de Santiago estuda o desenvolvemento das vivendas colaborativas

O Concello de Santiago estuda o desenvolvemento das vivendas colaborativas

O Goberno do Concello de Santiago ten como obxectivo no seu programa a reactivación do chan e a promoción de vivenda protexida. Até o momento o proxecto de A Pulleira está xa aprobado e iniciarase este ano, o cal consta de 2.100 novos apartamentos residenciais. Aínda que a intención do Concello durante este 2020 será tamén aprobar máis proxectos na zona norte da cidade até chegar a 10.000 novas vivendas protexidas.

Esta reprogramación do chan para vivendas protexidas non contará soamente coas fórmulas tradicionais como a venda, senón que a intención do Goberno da capital galega será a de introducirse tamén en alugueiros e as vivendas colaborativas. Sobre este último punto, o Concello está a estudar proxectos xa existentes ou en desenvolvemento, nos cales existan réximes de propiedade individual con oferta de servizos e espazos comúns para os propietarios. En principio este modelo está pensado para xubilados ou persoas preto da idade de xubilación que desexen manterse nunha comunidade de forma activa.

Estes modelos colaborativos están aínda pendentes de entrar nalgún plan aprobado, aínda que se considerará modificar o proyeto de A Pulleira se se cumprisen os requisitos necesarios.

Fonte| La Voz de Galicia