O Concello de Sober licita obras para ofrecer vivendas en réxime de alugueiro á mocidade | Observatorio de Vivenda

O Concello de Sober licita obras para ofrecer vivendas en réxime de alugueiro á mocidade

O Concello de Sober licita obras para ofrecer vivendas en réxime de alugueiro á mocidade

O Concello de Sober, na provincia de Lugo, en busca de ampliar a súa poboación de xente nova licitará obras de rehabilitación por valor de 79.968 euros na parroquia de Refoxo para ofertar 2 vivendas na zona en condicións asequibles en alugueiro coa idea de que poidan xa estar dispoñibles a principios de 2023. Estas novas rehabilitacións uniránse as que o Goberno municipal xa realizou no centro do municipio e nas parroquias de Santiorxo, Proendos, e Outeiro obras que xa están rematadas e tan só faltan certos equipamentos.

Estas obras están financiadas coa axuda da Xunta a través das axudas á recuperación de casas municipais e edificacións sen uso en concellos menores de 20.000 habitantes co fin de atopar fogar a persoas con poucos recursos. Para poder optar a o alugueiro dalgún destes inmobles haberá que estar inscrito no Rexistro de Demandantes de Vivenda do IGVS e estar empadroado no concello.

Fonte.- La Voz de Galicia