O concello de Toén valora a rehabilitación de vivendas públicas para destinar a alugueiro | Observatorio de Vivenda

O concello de Toén valora a rehabilitación de vivendas públicas para destinar a alugueiro

O concello de Toén valora a rehabilitación de vivendas públicas para destinar a alugueiro

O concello de Toén, por medio do seu alcalde, reuniuse co director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para coñecer de primeira man as axudas que o Instituto ofrece ás institucións locais. O obxectivo, buscar financiamento para acometer a rehabilitación de diferentes vivendas públicas para destinalas ao alugueiro, nunha actuación encamiñada a atraer poboación ao municipio da provincia ourensá.

Fonte.- La Voz de Galicia