O concello de Vigo comeza os trámites para a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal | Observatorio de Vivenda

O concello de Vigo comeza os trámites para a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

O concello de Vigo comeza os trámites para a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

O concello de Vigo remitiu á Xunta de Galicia, o pasado martes 7 de abril, o documento inicial estratéxico do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co obxectivo de solicitar a tramitacion da Evaluación Ambiental Estratéxica e arrancar o calendario para a aprobación do novo ordenamento urbano. Trátase dun grande avance logo de que o Tribunal Supremo anulase o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo no ano 2008. 

Este documento inicial contempla un recorte sustancial na edificación con respecto ao plan anulado, das 120.000 vivendas previstas no 2008 pasamos a 50.000. O novo Plan define tres grandes eixos: a Avenida de Madrid e a Gran vía, a Avenida de Europa entre Samil e a ampliación de Navia, e o parque de A Seara. 

A estratexia é plantear un ordenamento urbanístico sostenible, polo que as directrices urbanísticas contemplan 3,5 millóns de zonas verdes e a construcción de oito novos parques. 

 

Fonte | El Correo Gallego