O Concello de Vigo comezará a construir vivenda protexida en Santa Cristina cando se aprobe o PXOM | Observatorio de Vivenda

O Concello de Vigo comezará a construir vivenda protexida en Santa Cristina cando se aprobe o PXOM

O Concello de Vigo comezará a construir vivenda protexida en Santa Cristina cando se aprobe o PXOM

O Concello de Vigo quere construir vivenda de protección social debido á gran demanda que presenta a cidade, para iso, tal e como confirmou o alcalde están tratando de acelerar o proceso de aprobación da modificiación do Proxecto Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) nos cinco ámbitos de solo afectados, onde se atopa a zona de Santa Cristina.

Coa modificación agárdase que poidan ser levantadas 200 vivendas protexidas nesta zona de Santa Cristina, coa maior celeridade posible, que irán directas ao parque público de vivenda.

Fonte.- Faro de Vigo