O concello de Vigo destinará un 25 por cento máis a axudas ao alugueiro | Observatorio de Vivenda

O concello de Vigo destinará un 25 por cento máis a axudas ao alugueiro

O concello de Vigo destinará un 25 por cento máis a axudas ao alugueiro

O concello de Vigo, no anuncio da aprobación das bases do programa de axudas contra os desafiuzamentos, que conforman unha parte do cheque social, destacou un aumento do 25 por cento no tope máximo de axudas ao alugueiro. Dentro dun cheque social de 2,5 millóns de euros, as bases acordadas do programa supoñen un investimento de 972.000 euros, utilizados na maior medida en axudas para evitar desafiuzamentos en familias, que abarcan as de un membro, con axudas de 300 euros, ata as de 6 ou máis membros, de 600 euros.

Fonte| Atlántico