O Concello de Vigo estuda estratexias para limitar os pisos turísticos sen declarar a urbe como zona tensionada | Observatorio de Vivenda

O Concello de Vigo estuda estratexias para limitar os pisos turísticos sen declarar a urbe como zona tensionada

O Concello de Vigo estuda estratexias para limitar os pisos turísticos sen declarar a urbe como zona tensionada

O Concello de Vigo non seguirá a estratexia da cidade da Coruña de solicitar a declaración da urbe como zona tensionada, á espera do novo Plan Xeral e diferentes proxectos municipais de vivendas de protección en Esturáns e Barreiro. A Responsable de Urbanismo e Vivenda do Concello olívico e cuarta tenienta de alcalde, María José Caride, informou que o goberno local non contempla solicitar dita declaración na cidade. Para facilitar as opcións de compra dun fogar e o arrendamento, o equipo de Abel Caballero, escolleu outra medida: limitar novas actuacións de pisos turísticos. Estes pisos turísticos, como publicou FARO a semana pasada, alcanzan máis de 2.700 habitacións, un centenar máis que os establecementos hostaleiros. 

A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia defende que este tipo de aloxamentos non son o problema de acceso á vivenda, senón que o son o gran número de pisos e casas baleiras. Sobre este tema, a concelleira indicou que xa aplicou a recarga no IBI (Imposto de Bens Inmobles) ás sociedades desocupadas.

Ademais, citouse outro mecanismo para a redución dos precis no mercado inmobiliario: o desenvolvemento de vivendas de protección (hai 6.731 solicitantes en Vigo anotados no Rexistro Único de Demandantes de Galicia, o triplo da cidade da Coruña).

Fonte.- Faro de Vigo