O Concello de Vigo impulsa 50 proxectos de rehabilitación no barrio de Bouzas  | Observatorio de Vivenda

O Concello de Vigo impulsa 50 proxectos de rehabilitación no barrio de Bouzas 

O Concello de Vigo impulsa 50 proxectos de rehabilitación no barrio de Bouzas 

O barrio histórico de Bouzas é un Área de Rehabilitación Integral (ARI) en virtude dun convenio entre o IGVS e o Concello de Vigo do ano 2004. En decembro do 2019, o Concello aprobou un total de seis obras de edificación e 50 de rehabilitación ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e financiadas polo Goberno Central, pola Xunta de Galicia e polo Concello de Vigo. 

O pasado 16 de abril, aprobouse unha ampliación das axudas, polo que está previsto financiar 59 actuacións das que 50 son de rehabilitación, 7 de edificación e 2 de reurbanización. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aporta 397.000 euros, un 35,54 % do custo, a Xunta de Galicia, 129.000 euros, un 11,55 % do custo e o Concello de Vigo, 30.000 euros, un 2,69 % do custo. Os promotores particulares destes proxectos deberán desembolsar un total de 561.000 euros, que supón algo máis da metade do presuposto total dos proxectos. 

 

Fonte | La Voz de Galicia