O Concello de Vigo quere declarar un Entorno Residencial de Rehabilitación en Coia para impulsar axudas a 6.147 vivendas | Observatorio de Vivenda

O Concello de Vigo quere declarar un Entorno Residencial de Rehabilitación en Coia para impulsar axudas a 6.147 vivendas

O Concello de Vigo quere declarar un Entorno Residencial de Rehabilitación en Coia para impulsar axudas a 6.147 vivendas

O Concello de Vigo presentará á Xerencia de Urbanismo a petición dun Entorno Residencial de Rehabilitación que lle permita optar ás axudas para a rehabilitación de vivenda residencial dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España. No 2015 xa se aprobou no barrio de Coia, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a creación dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI) que afectaba a mil vivendas pero con esta declaración de Entorno Residencial de Rehabilitación espérase que se aumente ata as 6147 vivendas distribuidas en 350 edificios, construídos entre 1961 e 1983, as vivendas que poidan beneficiarse das axudas para realizar actuacións de restauración, conservación e rehabilitación entre outras actuacións.

As contías irían ligadas ao porcentaxe de aforro enerxético que se consiga, así para as vivendas que logren un aforro enerxético de máis dun 60 % grazas ás reformas, as axudas chegarían ata os 21.400 € para realizar a actuacións, se a redución é entre o sesenta e o corenta e cinco por cento o importe sería de 14.500 euros mentres sé o aforro cífrase entre o 35 o 45 por cento a coantía chegaría aos 8100 €.

Fonte.- Atlántico