O Concello de Vilagarcía convoca as axudas para restauración de edificios situados nas Áreas de Rehabilitación Integral do municipio | Observatorio de Vivenda

O Concello de Vilagarcía convoca as axudas para restauración de edificios situados nas Áreas de Rehabilitación Integral do municipio

O Concello de Vilagarcía convoca as axudas para restauración de edificios situados nas Áreas de Rehabilitación Integral do municipio

O Concello de Vilagarcía publicou as bases das axudas destinadas á restauración de edificios situados nas tres Áreas de Rehabilitacion Integral (ARIs) do municipio, é dicir, Carril, Vilaxoán e o casco antigo. Na liña de subvencións participan tres administracións, o Concello que é o encargado de toda a xestion e tramitación dos proxectos, e o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia que son os que asumen a financiación. 

Para solicitar as axudas, as obras non poden ter comezado con anterioridade ao 26 de outubro do 2018 e a documentación de fin de obra deberá presentarse antes do 15 de setembro do 2021. 

 

Fonte | Faro de Vigo