O Concello de Viveiro convoca axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico | Observatorio de Vivenda

O Concello de Viveiro convoca axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico

O Concello de Viveiro convoca axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico

O ente local pon un prazo de un mes para a presentación de solicitudes. Segundo o anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) , serán subvencionables un total de quince actuacións, cun orzamento duns 235.000 euros —197.544,58 € que achega o Ministerio de Fomento e 36.667,46 € da Xunta—.

As persoas interesadas poden acudir á oficina de rehabilitación do centro histórico, situada na segunda planta do concello, ou contactar no teléfono 982.56.29.68 ou a través do correo electrónico rehabilitacioncasco@viveiro.es.

Fonte.- ElProgreso