O Concello de Xinzo rehabilitará o núcleo central da vila a través do Plan Hurbe  | Observatorio de Vivenda

O Concello de Xinzo rehabilitará o núcleo central da vila a través do Plan Hurbe 

O Concello de Xinzo rehabilitará o núcleo central da vila a través do Plan Hurbe 

O Concello de Xinzo, en Ourense, presentou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda un proxecto que ten como obxectivo iniciar a rehumanizacion do casco histórico da vila. O Plan solucionaría os múltiples desperfectos que presentan os viais na actualidade e os malos olores que en ocasións se aprecian no entorno. Tamén se faran modificacións para mellorar a estética das rúas. 

Este proxecto formaría parte do Plan Hurbe promovido pola Xunta de Galicia. Necesita unha inversión de 350.312 euros, dos que a Xunta aportaría o 70 % e o Concello o 30 %. 

 

Fonte | La Región