O consello da xuventude afirma que menos do 20 por cento da xuventude pode acceder a unha vivenda | Observatorio de Vivenda

O consello da xuventude afirma que menos do 20 por cento da xuventude pode acceder a unha vivenda

O consello da xuventude afirma que menos do 20 por cento da xuventude pode acceder a unha vivenda

Tan só o 19 por cento dos menores de 30 anos atópase emancipado, o 81 por cento restante non pode acceder a unha vivenda, segundo os datos publicados polo consello da xuventude nun estudo con base nos números do segundo semestre de 2018. Os baixos salarios, a inestabilidade dos contratos e o crecemento nos prezos de alugueiro e compra de vivendas son os principais causantes da baixa emancipación na xuventude, que cada vez acode máis á cesión de segundas vivendas da familia. A media atópase lonxe da media europea, sobre o 23 por cento, e acentúase máis en comunidades como Andalucía, País Vasco ou Cantabria, onde non chegan ao 17 por cento.

Fonte.- RTVE