O Consello de Europa alerta da escaseza de vivenda accesible | Observatorio de Vivenda

O Consello de Europa alerta da escaseza de vivenda accesible

O Consello de Europa alerta da escaseza de vivenda accesible

O Consello de Europa advirte da crise de vivenda accesible nos países do continente, que está empuxando a un porcentaxe cada vez maior de xente á inseguridade residencial. De seguirse intensificando este efecto incrementaranse as desigualdades, a exclusión e a segregación. Os prezos das vivendas e dos alugueiros crecen a maiores ritmos que os salarios na maioría dos países europeos.

Segundo o Comité Europeo de Dereitos Sociais, unha vivenda é accesible cando os custos de vivir nela supoñen menos do 40 % dos ingresos do individuo. Uns custos altos teñen un gran impacto nas persoas que viven en situacións de pobreza ou en risco dela. Cerca dun terzo da poboación europea soporta unha carga excesiva segundo un reporte do Consello no 2017. Entre os anos 2007 e 2017, incrementouse a carga excesiva media para a poboación con baixos ingresos na maioría de cidades europeas.

No 2017, a inversión en vivendas sociais representou o 0,6 % do PIB de toda a rexión. Pola contra, os sen teito e as execucións forzosas están aumentando en moitas sociedades europeas.

Fonte| Council of Europe