O Consello Xeral do Poder Xudicial elabora un informe sobre a nova Lei de vivenda | Observatorio de Vivenda

O Consello Xeral do Poder Xudicial elabora un informe sobre a nova Lei de vivenda

O Consello Xeral do Poder Xudicial elabora un informe sobre a nova Lei de vivenda

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ, polas siglas en castelán) emite un novo informe de valoración sobre a nova Lei de vivenda elaborada polo Goberno de España. No mesmo, confronta certas medidas establecidas na citada Lei por consideralas competencias das Comunidades Autónomas. Segundo o informe do CGPJ a nova lei de vivenda invade as competencias das CCAA pois a vivenda é competencia autonómica, segundo o artículo 18.1.3ª da CE e os estatutos de autonomía, a regulación e políticas públicas encamiñadas a cumprir o artigo 47 da CE as competencias radican en cada unha das Comunidades Autónomas. Mentres que a actuación estatal está prevista para momentos de crise económica, con medidas de carácter fiscal, ou con normas que afecten ao mercado hipotecario, os arrendamentos urbanos ou o sobreendeudamento das familais entre outros.

O conflicto, aínda en proceso de debate e resolución, versa sobre medidas como a limitación de prezos do alugueiro nas zonas máis conflictivas, a prohibición de venda do parque público de vivenda a entidades privadas con ánimo de lucro, ou determinados estimulos fiscais ao alugueiro. Medidas que, segundo o informe emitido, vacía de contido diferentes regulacións autonómicas vixentes na actualidade.

Fonte | El país