O Consorcio Casco Vello de Vigo completa a venda do edificio de vivendas de promoción autonómica rehabilitado na rúa Real | Observatorio de Vivenda

O Consorcio Casco Vello de Vigo completa a venda do edificio de vivendas de promoción autonómica rehabilitado na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo completa a venda do edificio de vivendas de promoción autonómica rehabilitado na rúa Real

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, firmou este venres a venda da cuarta vivenda de promoción autonómica da rúa Real 13 tras finalizar as obras de rehabilitación do edificio, polo que xa está completada a adxudicación dos catro pisos do inmoble.

A representante autonómica procedeu así á entrega das chaves a este último adxudicatario das vivendas da promoción que permitiu recuperar un dos maiores edificios construídos no barrio histórico vigués. O inmoble, levantado sobre un solar de 116 metros cadrados, conta cunha fronte de fachada cara á rúa de 10,24 metros. Foi adquirido polo CCVV en decembro de 2019 e a súa reforma supuxo un investimento de 605.150,50€.

Fonte.- Xunta de Galicia