O Consorcio Casco Vello de Vigo rehabilita dous inmobles en O Berbés para crear seis vivendas  | Observatorio de Vivenda

O Consorcio Casco Vello de Vigo rehabilita dous inmobles en O Berbés para crear seis vivendas 

O Consorcio Casco Vello de Vigo rehabilita dous inmobles en O Berbés para crear seis vivendas 

O comité executivo do Consorcio Casco Vello (CCVV) acaba de licitar dous proxectos de rehabilitación no barrio histórico. A operación suporá a rehabilitación de dous inmobles, por 1,5 millóns, para a creación de seis vivendas. 

Unha das intervencións está situada en Berbés 29, que afecta a tres edificios (Berbés 29 e 31 e Pobladores 40), e será unha das maiores actuacións acometidas polo organismo do CCVV que dará lugar a unha edificación cunha superficie de 795 metros cadrados en sete niveis. O proxecto respetará a tipoloxía das fachadas, conservando e potenciando o característico soportal mariñeiro da planta baixa, adaptando os traballos para a recuperación do conxunto aos condicionantes establecidos polo PEPRI do Casco Vello. 

 

Fonte | Faro de Vigo