O Constitucional alemán tomba o límite de prezos ao alugueiro de Berlín | Observatorio de Vivenda

O Constitucional alemán tomba o límite de prezos ao alugueiro de Berlín

O Constitucional alemán tomba o límite de prezos ao alugueiro de Berlín

O teito de alugueiro imposto polo Goberno de Berlín para frear as subidas de prezos é inconstitucional, segundo o Tribunal Supremo alemán. O argumento xustificativo é que o Estado federado de Berlín carece de competencia en política de vivenda e por tanto trátase de un asunto federal, xa que os contratos de alugueiro están regulados no código civil.

Isto supón un problema para os inquilinos, que deberán devolver aos propietarios o diñeiro que se viron forzados a deducir, e con carácter retroactivo, cando a norma entrou en vigor, o 23 de febreiro de 2020.

O teito dos alugueiros, previsto inicialmente para cinco anos, fixou o máximo nos 9,80 euros por metro cadrado, moi por baixo dos prezos de mercado, e ademais con carácter retroactivo, obrigando aos propietarios para baixar os prezos e devolver a diferenza ao inquilino. A medida afectou a inquilinos e propietarios de 1,5 millóns de vivendas construídas na capital alemá antes de 2014. 

Fonte | El Mundo