O COVID eleva ata un 50% a demanda de leiras edificables na periferia urbana en Galicia | Observatorio de Vivenda

O COVID eleva ata un 50% a demanda de leiras edificables na periferia urbana en Galicia

O COVID eleva ata un 50% a demanda de leiras edificables na periferia urbana en Galicia

Debido ao cambio de estilo de vida provocado pola pandemia e o teletraballo, a demanda de leiras urbanas para construír unha vivenda na periferia disparouse entre un 20% e un 50% en Galicia no primeiro trimestre do 2021 respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. 

O seu custo, substancialmente máis baixo que o de adquirir e reformar un inmoble, a ampla oferta e o feito de que o deseño sexa á carta, impulsaron este aumento da demanda, especialamente en Pontevedra e concellos lindeiros.

O perfil do comprador ten entre 28 e 45 anos, xa tivo unha vivenda en propiedade na cidade e agora busca un lugar con máis espazo para a súa familia.

Fonte | Faro de Vigo