O covid frea 5 anos en alza das vendas de vivenda de segunda man na provincia de Pontevedra | Observatorio de Vivenda

O covid frea 5 anos en alza das vendas de vivenda de segunda man na provincia de Pontevedra

O covid frea 5 anos en alza das vendas de vivenda de segunda man na provincia de Pontevedra

A pandemia puxo fin a cinco anos consecutivos de crecemento na compravenda de vivenda de segunda man na provincia de Pontevedra, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), os cales reflicten unha caída xeralizada en toda España, da que non se libra ningunha das provincias galegas en todas as categorías inmobiliarias.

Así, a pesar de que o mercado da vivenda de segunda man na provincia de Pontevedra recuperárase do último bache, superando a barreira das 4.300 transacións nos anos 2018 e 2019, a caída provocada pola pandemia situou as operacións de venda de vivenda usada nas 3.996 na provincia pontevedresa, o que supón un descenso do 10 %. 

En canto a vivenda nova, Pontevedra interesou a máis compradores no 2017, cando se pecharon 1.261 operacións, cifra que foi caíndo, agravada despois pola crise sanitaria, acabando o exercicio pasado con 1.038 vendas.

Fonte | La Voz de Galicia