O custo da reforma enerxética dunha vivenda é inferior á súa posterior revalorización en todas as capitais de España | Observatorio de Vivenda

O custo da reforma enerxética dunha vivenda é inferior á súa posterior revalorización en todas as capitais de España

O custo da reforma enerxética dunha vivenda é inferior á súa posterior revalorización en todas as capitais de España

A mellora do rendemento enerxético das vivendas é un dos obxectivos actuais das familias debido ao incremento dos custos enerxéticos. Estas reformas poden supoñer unha mellora de dúas letras no rango de certificación enerxética, o que se traduce nun aforro de máis de 320 euros anuais nas facturas de subministración de auga e eléctrico, ademais dunha revalorización significativa da vivenda superior aos custos da reforma, segundo un estudo realizado por Idealista.

Os maiores custos de realizar unha reforma enerxética rexístranse en Palma de Mallorca, cun prezo estándar que rolda os 11.500 euros, logo atópanse Bilbao, Barcelona e Xirona cuns prezos que superan por pouco os 9.000 euros. En Madrid o custo dunha reforma enerxética da vivenda sitúase nos 7.224 euros. No caso oposto, Zaragoza é a cidade na que resulta máis económico en España realizar a reforma (5.666 euros), seguida por Cáceres e Huelva.

En todos os casos, o custo da reforma é inferior á revalorización desta en todas as capitais.

Fonte.- Idealista