O custo de compartir unha vivenda en España aumenta un 30% nos últimos 5 anos segundo o portal inmobiliario Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O custo de compartir unha vivenda en España aumenta un 30% nos últimos 5 anos segundo o portal inmobiliario Fotocasa

O custo de compartir unha vivenda en España aumenta un 30% nos últimos 5 anos segundo o portal inmobiliario Fotocasa

Segundo o último estudo publicado polo portal Fotocasa, denominado "Vivendas compartidas en España en 2021", compartir unha vivenda en España encareceuse nos últimos 5 anos. Concretamente, de media, compartir un inmoble custa 350 euros ao mes, é dicir, un 30% máis que hai 5 anos (desde 2016) e un 6% respecto de hai un ano (2020).

As comunidades autónomas que rexistraron maiores aumentos nos prezos foron Canarias con 28%, Cataluña con 25%, Comunitat Valenciana con 24%, Galicia e Castela-A Mancha con 21% e Aragón e Madrid con 18%. Desta forma, o catro comunidades que se manteñen por encima dos 300 euros ao mes son Cataluña con 398 euros/mes, Madrid con 371 euros/mes, Baleares con 356 euros/mes e País Vasco con 350 euros/mes.

O maior problema deste aumento dos prezos é que dificulta a emancipación dos mozos, xa que a maioría dos demandantes de vivenda compartida son persoas novas de 18 a 35 anos.

Fonte | Fotocasa