O custo medio do alugueiro en España foi de 11,8 euros/m2 no mes de xuño segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O custo medio do alugueiro en España foi de 11,8 euros/m2 no mes de xuño segundo Idealista

O custo medio do alugueiro en España foi de 11,8 euros/m2 no mes de xuño segundo Idealista

O prezo medio de alugar unha vivenda en España creceu en xuño en comparación a 2022 un 9,2% ata situarse nos 11,8 €/m2 segundo o índice de prezos de Idealista.

Por provincias onde máis aumentou o valor do alugueiro foron Baleares cun 27,3% seguida por Santa Cruz de Tenerife (19,9%), Málaga (18,9%), Alacante (17,3%), Valencia (16,6%), Huelva (15%) e Cantabria (12,4%) mentres que os valores máis altos déronse en Baleares (16,4 euros/m2), Barcelona (16 euros/m2), Madrid (15,4 euros/m2) e Guipúzcoa (14,3 euros/m2).

Fonte.- Idealista