O delegado territorial da Xunta en Pontevedra anima aos propietarios de edificios do casco histórico de Tui a ofertar a súa venda á Xunta para destinalos a rehabilitación e alugueiro social | Observatorio de Vivenda

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra anima aos propietarios de edificios do casco histórico de Tui a ofertar a súa venda á Xunta para destinalos a rehabilitación e alugueiro social

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra anima aos propietarios de edificios do casco histórico de Tui a ofertar a súa venda á Xunta para destinalos a rehabilitación e alugueiro social

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra anima aos propietarios de edificios do casco histórico de Tui a ofertar a súa vivenda ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para destinalos á súa rehabilitación e posterior alugueiro social ao abeiro da nova convocatoria do programa Rexurbe.

O representante autonómico presentou esta iniciativa durante un percorrido polo casco vello tudense xunto ao alcalde e revelou que este organismo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Vivenda e Territorio, ten previsto destinar alomenos 250.000 euros a mercar inmobles do conxunto histórico de Tui, aínda que a cantidade podería ampliarse en función das ofertas.

Os propietarios de edificios situados na área de conxunto histórico catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC) poden presentar as súas ofertas de venda ante o IGVS ata o vindeiro 9 de xullo, xusto dentro dun mes. En caso de aceptarse, a Xunta procedería á súa restauración integral e posteriormente devolveríao ao mercado en réxime de protección baixo o formato de alugueiro social.

A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa Rexurbe no ano 2017 e xa conseguiu rematar as primeiras rehabilitacións en Betanzos e Ferrol, mentres que na actualidade avanza nas de Lugo, Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Ourense, Ribadavia e A Coruña. Ata a data, a Consellería de Vivenda xa adquiríu, ao abeiro desta iniciativa, un total de 76 inmobles en nove localidades que permitirán poñer no mercado 131 Vivendas de Promoción Pública (VPP).

Fonte | Xunta de Galicia