O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se declara a área Rexurbe de Ribadavia | Observatorio de Vivenda

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se declara a área Rexurbe de Ribadavia

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se declara a área Rexurbe de Ribadavia

O Diario Oficial de Galicia publicou o 20 de xullo a resolución pola que se declara a área Rexurbe de Ribadavia. Grazas a este trámtie poderanse realizar actuacións públicas e privadas dirixidas á mellora dos inmobles existentes e dos espazos públicos xunto con medidas sociais, ambientais e económicas dirixidas a mellora das condicións de vida, a creación de riqueza e postos de traballo e a dinamización demográfica. 

Ribadavia é a terceira área Rexurbe que se declara en Galicia despois da de Mondoñedo e a da cidade de A Coruña. A área Rexurbe de Ribadavia incluirá todo o ámbito do Conxunto Histórico da vila, que tamén conta cunha área de rehabilitación integral (ARI). A superficie total da área é de 0,108 kilómetros cadrados, existindo na mesma, segundo a memoria presentada polo concello, 459 edificios cun total de 709 vivendas, das que 263 edificios atópanse en estado deficiente, malo ou ruinoso. 

 

Fonte | Xunta de Galicia