O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se declara a primeira Área de Rehabilitación Integral de Guitiriz, a ARI de O Buriz e Os Vilares | Observatorio de Vivenda

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se declara a primeira Área de Rehabilitación Integral de Guitiriz, a ARI de O Buriz e Os Vilares

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se declara a primeira Área de Rehabilitación Integral de Guitiriz, a ARI de O Buriz e Os Vilares

O Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución pola que se declara a Área de Rehabilitación Integral de O Buriz e Os Vilares no Concello de Guitiriz, a primeira que se declara neste concello da provincia lucense.

Este ámbito abarca unha superficie de 65,48 km2 e comprende seis núcleos rurais, onde existen 234 construcións (vivendas e edificacións auxiliares), das cales un 40% (93) son vivendas, e un 80% (74) das mesmas son de tipoloxía tradicional. Do total de vivendas vivendas existentes (93), 19 están abandonadas e 14 só contan con ocupación temporal ao longo do ano; mentres que máis dun 60% das vivendas están ocupadas de forma permanente.

Así, os núcleos de poboación incluídos dentro da ARI contan con construcións de arquitectura tradicional de gran valor, manteñen o trazado tradicional dos seus rueiros e corredoiras, polo que a paisaxe cultural está xerada polo sistema agrario tradicional, que se manifesta nas construcións adxectivas e peches realizados coa técnica de “pedra seca” recoñecida como Patrimonio Cultural inmaterial da Humanidade pola UNESCO.

Grazas á declaración desta Área de Rehabilitación Integral, o concello e os veciños poderán acceder á liña de incentivos que se reserven para a anualidade de 2021 do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018–2021.

Fonte | Xunta de Galicia