O director do IGVS, Heriberto García, afirma nunha entrevista a La Voz de Galicia que a previsión do plan Vivendas Vivas é beneficar entre 250 e 300 vivendas | Observatorio de Vivenda

O director do IGVS, Heriberto García, afirma nunha entrevista a La Voz de Galicia que a previsión do plan Vivendas Vivas é beneficar entre 250 e 300 vivendas

O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, concedeu unha entrevista ao periodico, La Voz de Galicia, onde falou dalgunhas das medidas do plan Vivendas Vivas ademáis de outras actuacións promovidas polo IGVS en materia de vivenda. Entre os puntos a destacar, García defendeu os incentivos coma a mellor maneira de facer que os propietarios aluguen as súas vivendas e non impoñer, sendo o principal obxetivo deste plan darlle unha normativa ao propietario que lle aporte seguridade á hora de arrendar a súa vivenda.

Entre as medidas que levará a cabo o plan está por exemplo crear un fondo con entre 250 e 300 vivendas para por en alugueiro onde os propietarios, unha vez demostrado que o piso está en condicións habitables e que estivo baleiro durante os últimos dous meses, poderán optar a estar no seguro que proporcionará a Xunta, sen que este teña ningun custo para o dono. Para optar ás axudas o director recorda na entrevista que os propietarios que o desexen tan só ten que achegarse a algún dos establecementos autorizados pola Xunta, que se anunciarán próximantente, e serán inmobiliarias, administradores de fincas ou profesionais con requisitos mínimos.

Ademáis, o director do IGVS, recordou que estas axudas son compatibles con outras que ten postas en marcha o Instituto coma por exemplo as axudas á rehabilitación, que serán postas en marcha nas vindeiras datas, que axudarán a revalorización dos inmobles e poderán chegar a coantías de ata 8000 euros.

Fonte.- La Voz de Galicia