O encarecemento das hipotecas provoca que a Xunta ingrese un 12,8% menos | Observatorio de Vivenda

O encarecemento das hipotecas provoca que a Xunta ingrese un 12,8% menos

O encarecemento das hipotecas provoca que a Xunta ingrese un 12,8% menos

A subida dos tipos de interese e o aumento da inflación está provocando un descenso do mercado inmobiliario, polo que se compravenden menos vivendas. Isto provoca que a Xunta ingrese menos a través do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, que gravan a compravenda de vivenda usada. Entre o mes de xaneiro e o mes de setembro de 2023, ingresou 232,6 millóns de euros, o que corresponde cun 12,8% menos que no mesmo periodo do ano anterior, en concreto, 34,1 millóns de euros menos. Estes datos correspóndense cun descenso do 12,6% na venta de vivendas en Galicia.

Estes ingresos estaban en aumento dende a pandemia, sendo o de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados o imposto directo que experimentou maior crecemiento nos dous últimos anos. En 2021 a recadación fiscal creceu ao seu maior ritmo en dez anos, e en 2022 volveu a incrementarse. 

Fonte.- Faro de Vigo