O estado de alarma provoca un aumento das concesións de licenzas para reformas ou ampliacións en Vigo | Observatorio de Vivenda

O estado de alarma provoca un aumento das concesións de licenzas para reformas ou ampliacións en Vigo

O estado de alarma provoca un aumento das concesións de licenzas para reformas ou ampliacións en Vigo

Moitos propietarios aproveitaron o peche forzoso de negocios e o confinamento para solicitar, axilizar ou tramitar aquelas obras pendentes en locais ou vivendas o que provocou un aumento da concesión de licenzas para reformas ou ampliacións durante o último mes en relación ao mesmo periodo do ano pasado.

Os datos do Concello de Vigo indican que o número de resolucións favorables emitidas pola Xerencia de Urbanismo entre o 15 de marzo e o 23 de abril, ascende a 16 fronte ás 13 do 2019. A concesión de licenzas de obra para a reforma de negocios tamén aumentos en referencia ao ano anterior con 6 emisións fronte a 4. 

Con todo, houbo unha gran diferencia no número de solicitudes entregadas durante o estado de alarma. Un total de 28 propietarios solicitaron estas licenzas de obra ao Concello fronte as 62 solicitudes do ano anterior durante o mesmo periodo. 

 

Fonte | El Faro de Vigo