O euribor pecha o mes de agosto no seu nivel máis alto dende 2012 e agárdase que suban as hipotecas máis de 100 euros mensuais | Observatorio de Vivenda

O euribor pecha o mes de agosto no seu nivel máis alto dende 2012 e agárdase que suban as hipotecas máis de 100 euros mensuais

O euribor pecha o mes de agosto no seu nivel máis alto dende 2012 e agárdase que suban as hipotecas máis de 100 euros mensuais

Dende que o BCE anunciou a subida dos tipos de interés en 50 puntos básicos para intentar frear a inflación que afecta a Unión Europea, o Euribor, o principal índice polo que se rixen as hipotecas en España, non parou de aumentar nos seus niveis diarios ata pechar o mes de agosto cunha media mensual de 1,249% ,o que supón a cifra máis alta dende maio de 2012. Durante este último mes o índice chegou a situárse algunha revisión diaria no 1,8% , niveis non vistos dende xaneiro de 2012.

Con estas subidas a previsión para as persoas que teñan contratada unha hipoteca a tipo variable (a 30 anos de 150.000 euros con un diferencial del 0,99% + euríbor) e que teñan que facer unha revisión durante este mes de setembro é un aumento das cuotas de algo máis de 100 euros o mes de media, o que supón uns 1.400 euros anuais. Con todo isto a previsión de certas organizacións expertas non prevé que o índice baixe a curto prazo, así o Panel de Funcas fixo unha estimación de que o euribor ronde o 1,8% a finais de ano mentres que unha análise de Bankiter amosa que o índice rematará o ano no 1,9% (niveis de 2011) e durante o 2023 subirá ata o 2,2%.

Fonte.- Idealista