O fondo Blackstone prepara un macroproyecto dentro da transformación urbanística integral da rúa Jacinto Benavente en Vigo | Observatorio de Vivenda

O fondo Blackstone prepara un macroproyecto dentro da transformación urbanística integral da rúa Jacinto Benavente en Vigo

O fondo Blackstone prepara un macroproyecto dentro da transformación urbanística integral da rúa Jacinto Benavente en Vigo

A familia Molares, unha das principais empresas de pesca en Vigo posuía unha extensa frota de buques e plantas para distintos procesos de elaboración, como é o caso da nave de Beiramar, en Jacinto Benavente. Unha superficie de 3.800 metros cadrados levanada en 1970 xunto a outra nave coa cal suman 7.300 metros cadrados, agora son propiedade de Investimentos Inmobiliarios Canvives, do xigante Blackstone.

Nesta localización tratarán de lanzar unha transformación urbanística integral, como constatan a FARO fontes de Aliseda, a xestora de activos. Buscan converter a zona de Beiramar nunha nova zona residencial con grandes zonas verdes.

Espérase na novo PXOM o despregamento en Jacinto Benavente de 37.517 metros cadrados cun 75% de uso residencial e terciario do 25%, cunha edificabilidade máxima de 1,5 m2/m2. O 30% das vivendas terán que ser de protección.

Fonte.- Faro de Vigo