O forte aumento da demanda de alugueiro xunto coa escasa oferta sube os prezos en Galicia un 4% | Observatorio de Vivenda

O forte aumento da demanda de alugueiro xunto coa escasa oferta sube os prezos en Galicia un 4%

O forte aumento da demanda de alugueiro xunto coa escasa oferta sube os prezos en Galicia un 4%

A crecente demanda do alugueiro e o cada vez máis reducido mercado do alugueiro (oferta), provocaron un repunte dos prezos no arranque do ano a pesar da crise provocada pola pandemia. Quen busque hoxe un piso en arrendamento en Galicia ten que pagar un 4,3% máis que hai un ano fronte á caída do 3,6% no conxunto do país, segundo datos publicados polo portal inmobiliario Fotocasa.

Este encarecemento converte á comunidade galega nunha das catro autonomías nas que sube o prezo no primeiro trimestre do ano, por detrás da Rioxa (10,3%) e Asturias (8,4%) e empatada con Castela e León (4,3%).

Ademais, espérase que a situación empeore debido ao transvasamento de pisos do mercado tradicional do alugueiro ao vacacional que restrinxirá aínda máis a escasa oferta de arrendamento en Galicia e, en consecuencia, encarecerá os prezos dos inmobles dispoñibles.

Fonte | La Opinión Coruña