O Goberno adicará 400 millóns ao Bono Xoven do alugueiro | Observatorio de Vivenda

O Goberno adicará 400 millóns ao Bono Xoven do alugueiro

O Goberno adicará 400 millóns ao Bono Xoven do alugueiro

O Consello de Ministros acaba de aprobar a disribución de 1.843 millóns de euros entre as diferentes Comunidades Autónomas para financiar o Bono xoven do alugueiro e o Plan Estatal de Acceso á Vivenda 2022-2025. Deste presuposto, 400 millóns destinaránse ao bono xoven do alugueiro e os 1.443 millóns restantes adicaranse ao plan estatal. Ademáis, a ministra de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana afirmou que a medida sobre o alugueiro destinada aos xóvenes terá carácter retroactivo, polo que terá efecto dendo o 1 de xaineiro deste ano.

Esta proposta de distribución dos recursos económicos ten que ser ratificada pola Conferencia Sectorial de Vivenda e Solo o próximo 9 de marzo.

O reparto dos fondos estatais entre as diferentes comuidades atenderá a criterios demográficos, polo que os territorios que máis fondos percibirán serán: Andalucía (17,1%), Comunidade de Madrid (15,0%), Cataluña (14,8%), Comunidade Valenciana (11,4%).  Mentres, o resto de comunidades recibirán os seguintes fondos: Galicia (5,70%), Castela e León (5,40%), Illas Canarias (5,30%), Comunidade de Murcia (4,40%), Castela-A Mancha (4%) Aragón (3,8%), Estremadura (3%), Illes Balears (2,40%), Cantabria (1,90%), A Rioxa (1,70%) e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla un 0,1% cada unha.

Fonte | Público