O Goberno alcanza un acordo sobre a nova Lei da Vivenda, na que se inclúen o control de alugueiros e subas fiscais | Observatorio de Vivenda

O Goberno alcanza un acordo sobre a nova Lei da Vivenda, na que se inclúen o control de alugueiros e subas fiscais

O Goberno alcanza un acordo sobre a nova Lei da Vivenda, na que se inclúen o control de alugueiros e subas fiscais

Tras semanas de negociacións, os socios do Goberno chegaron a un acordo para a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, pacto condicionado á aprobación da primeira lei estatal de vivenda da democracia, que incluirá medidas para o control dos prezos do alugueiro e subas fiscais, entre outras medidas.

A nova norma contempla, para forzar a rebaixa dos alugueiros, a diferenciación entre os pequenos tenedores e os grandes, de forma que para os primeiros, establecerase unha conxelación de prezos nas zonas declaradas como tensionadas e aos segundos imporánselles por lei axustes de prezos para adecualos aos índices de referencia en cada zona tensionada.

En canto ao imposto sobre as vivendas baleiras, contémplanse unha recarga de ata o 150% do Impusto sobre bens inmobles (IBI) aos propietarios de pisos e casas que leven desocupados un tempo prolongado.

Por último, a nova norma contempla tamén un bono de 250 euros ao mes para a emancipación dos mozos e anticipar así a idade de emancipación en España. A axuda estará dispoñible para aquelas persoas entre 18 e 35 anos cuxos ingresos anuais non superen os 23.725 euros. Concederase por un período de dous anos, polo que a contía máxima a percibir será de 6.000 euros.

Fonte | La Voz de Galicia