O Goberno amplía ata agosto a moratoria nos alugueiros e a suspensión de desafiuzamentos | Observatorio de Vivenda

O Goberno amplía ata agosto a moratoria nos alugueiros e a suspensión de desafiuzamentos

O Goberno amplía ata agosto a moratoria nos alugueiros e a suspensión de desafiuzamentos

O Consello de Ministros aprobou este martes, a través dun Real-Decreto-lei, a ampliación por tres meses máis das medidas para paliar os efectos da pandemia sobre contratos de alugueiro de vivenda e desafiuzamentos adoptadas desde marzo do ano pasado.

En primeiro lugar, o Consello de Ministros ampliou ata o 9 de agosto de 2021 a posibilidade de solicitar a moratoria ou condonación parcial da renda, cando o arrendador sexa un gran tenedor ou entidade pública. Así, o obxectivo é atender determinadas situacións de vulnerabilidade que poidan producirse máis aló do 9 de maio, actual data de finalización do estado de alarma, como consecuencia da situación derivada da evolución da pandemia. Do mesmo xeito, esténdense ata a mesma data os contratos de arrendamento de vivenda que poden acollerse á prórroga extraordinaria de seis meses, nos mesmos termos e condicións do contrato en vigor, sempre que non se chegue a un acordo distinto entre as partes.

Do mesmo xeito que coas dous anteriores, o Goberno ampliou ata o 9 de agosto deste ano as medidas de protección que se aprobaron para aqueles fogares vulnerables que se enfronten a procedementos de desafiuzamento da súa vivenda habitual.

Fonte | El Español