O Goberno amplía tres meses máis as medidas para paliar os efectos da pandemia sobre contratos de alugueiro de vivenda e desafiuzamentos | Observatorio de Vivenda

O Goberno amplía tres meses máis as medidas para paliar os efectos da pandemia sobre contratos de alugueiro de vivenda e desafiuzamentos

O Goberno amplía tres meses máis as medidas para paliar os efectos da pandemia sobre contratos de alugueiro de vivenda e desafiuzamentos

O Consello de Ministros aprobou, mediante un Real-Decreto-lei, a ampliación por tres meses máis das medidas para paliar os efectos da pandemia sobre contratos de alugueiro de vivenda e desafiuzamentos adoptadas nos últimos reais decretos-leis impulsados para lograr ese obxectivo.

As medidas, que teñen un carácter urxente e son necesarias para responder á situación dos fogares vulnerables no contexto da evolución da pandemia, contemplan a ampliación ata o 9 de agosto de 2021 para solicitar a moratoria ou condonación parcial da renda, cando o arrendador sexa un gran tenedor ou entidade pública, nos termos establecidos no referido Real Decreto-Lei 11/2020. 

Ademais, recolle tamén a extensión ata o 9 de agosto de 2021 dos contratos de arrendamento de vivenda que poden acollerse á prórroga extraordinaria de seis meses, nos mesmos termos e condicións do contrato en vigor, sempre que non se chegou a un acordo distinto entre as partes.

Por último, recóllese a ampliación das medidas de protección que se aprobaron para aqueles fogares vulnerables que se enfronten a procedementos de desafiuzamento da súa vivenda habitual.

Fonte | Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana