O Goberno aproba a liña de avais de 2.500 millóns para a compra de vivenda | Observatorio de Vivenda

O Goberno aproba a liña de avais de 2.500 millóns para a compra de vivenda

O Goberno aproba a liña de avais de 2.500 millóns para a compra de vivenda

O Goberno aprobou no Consello de Ministros a liña de avais de 2.500 millóns de euros a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO) para acceder á compra dunha vivenda para persoas novas e familias con menores ao seu cargo. Esta liña de avais cubrirá un 20% da entrada da compra dunha vivenda para este tipo de persoas, en concreto, menores de 35 anos e familias con menores ao seu cargo e rendas inferiores a 37.500 euros. 

En canto aos requisitos necesarios para acceder a esta axuda, a persoa interesada deberá ser unha persoa física e maior de 18 anos, ademáis de ter residencia legal en España de maneira acreditada e ininterrompida durante os dous anos anteriores á solicitude do préstamo e non ter un patrimonio superior aos 100.000 euros. A estimación do Goberno é que esta axuda alcanzará a unhas 50.000 familias e persoas novas, e o obxectivo principal da mesma é paliar a falta de recursos previos para o acceso a unha vivenda.

A ministra de Vivenda e Axenda Urbana sinalou que en febreiro poríase tamén en marcha unha liña de préstamos para a promoción de vivenda alcanzable a través do ICO, especialmente a través de fórmulas de colaboración público-privadas, que supón un total de 4.000 millóns de euros e forman parte do Plan de Recuperación, co que se construirán máis de 40.000 vivendas públicas e privadas de alugueiro alcanzable.

 Fonte.- Cadena Ser