O Goberno aprobará unha serie de axudas directas de ata un 100% para a rehabilitación | Observatorio de Vivenda

O Goberno aprobará unha serie de axudas directas de ata un 100% para a rehabilitación

O Goberno aprobará unha serie de axudas directas de ata un 100% para a rehabilitación

O Goberno comprometeuse con Europa a que en só dous anos estean contratadas as renovacións de 510.000 casas, que deberán estar rehabilitadas antes de 2026  e para conseguilo, o Estado aprobará un real decreto que establece unha serie de axudas directas de ata un 100% para a rehabilitación, compatibles con deducións fiscais en tres tramos (20%, 40% e 60%).

Este programa de axudas, que verá a luz antes do verán, susténtase sobre a base dos aforros enerxéticos que se poden conseguir. Para aqueles edificios cuxas actuacións permitan recuperar o investimento nun período curto de tempo establecerase unha axuda de entre o 40% e o 50% do investimento, subvención que poderá ser de entre o 50% e o 70% cando as medidas implementadas teñan un retorno máis longo (rehabilitación integral) ou entre o 70% e o 100% se se trata de intervencións enerxéticas potentes (instalación de placas fotovoltaicas).

A estas axudas haberá que sumar os beneficios obtidos polas deducións no IRPF, entre outras actuacións.

Fonte | El País