O Goberno balear planea prohibir a compra de vivenda a estranxeiros para controlar o prezo | Observatorio de Vivenda

O Goberno balear planea prohibir a compra de vivenda a estranxeiros para controlar o prezo

O Goberno balear planea prohibir a compra de vivenda a estranxeiros para controlar o prezo

O prezo da vivenda nas Illas Baleares é o segundo máis alto do estado cunha media de 3.082 euros o metro cadrado e con unha demanda crecente nas últimas datas a pesar da escasa oferta cun gran interese por parte de estranxeiros, sobre todo alemáns, franceses e británicos. Foron 60.000 os foráneos que mercaron un inmoble nas illas nos últimos 10 anos destacando ser o 40% do total de operacións no último ano na comunidade segundo os rexistradores.

Esta escalada de prezos e falta de oferta para a xente do arquipélago, fixo plantexarse ao Goberno balear a posibilidade de vetar a compra de inmobles a non residentes e foráneos para intentar controlar estas subidas como xa fixeron países coma Nova Zelanda, Australia ou máis recentemente Canadá. O problema é coñecer o encaixe legal que tería esta medida dentro da normativa europea.

Fonte.- El País