O Goberno da Coruña de Inés Rey poñerá en marcha un plan de vivenda co que se crearán 4.000 vivendas entre 2024 e 2030 na cidade | Observatorio de Vivenda

O Goberno da Coruña de Inés Rey poñerá en marcha un plan de vivenda co que se crearán 4.000 vivendas entre 2024 e 2030 na cidade

O Goberno da Coruña de Inés Rey poñerá en marcha un plan de vivenda co que se crearán 4.000 vivendas entre 2024 e 2030 na cidade

O Goberno de Inés Rey da Coruña poñerá en marcha un plan de vivenda na cidade co que creará máis de 4.000 novas vivendas entre 2024 e 2030: 1.100 destas vivendas serán de protección oficial. Así o anunciou o portavoz do Executivo local, José Manuel Lage Tuñas en resposta a unha pregunta efectuada polo BNG sobre a situación do mercado inmobiliario da cidade.

Manuel Lage foi conciso na súa afirmación, dicindo que "hai un grave problema na cidade, con pouco mercado de alugueiro e cada vez máis caro, mentres que quen goberna Galicia e teñen as competencias en materia de vivenda negan esta afirmación, con cero vivendas construídas en réxime de alugueiro", polo que se pregunta se terá que facelo todo desde a competencia municipal. 

O tema da vivenda está nunha situación insoportable, nunha cidade onde é máis caro alugar e os prezos subiron un 48% desde 2014, como indica Avia Veira do BNG. 

Fonte.- La Voz de Galicia