O Goberno de Andorra destinará vinte millóns de euros para facilitar o alugueiro no país | Observatorio de Vivenda

O Goberno de Andorra destinará vinte millóns de euros para facilitar o alugueiro no país

O Goberno de Andorra destinará vinte millóns de euros para facilitar o alugueiro no país

A falta de vivenda dispoñible adicada o alugueiro residencial é un problema que afecta cada vez máis aos países europeos, entre eles ao Principado de Andorra, que tomará medidas para buscar solucionar esta problemática de vivenda tendo previsto destinar un presuposto de vinte millóns de euros, dos que oito irán adicados a alugar pisos baleiros que terán coma fin o alugueiro alcanzable, mentres que os doce restantes o executivo ten previsto adicalos para mercar casas baleiras para polas tamén na carteira de alugueiro público.

Esta inversión non será a única medida que tomará o Goberno de Andorra para intentar ampliar a carteira de alugueiro no país xa que ten previsto realizar accións para regular o número de vivendas turísticas, para elo limitará  o total de este tipo de pisos que poden ter os municipios ademáis de bloquear as licenzas para este fin durante os dous próximos anos nos que se realizará unha análise da situación.

Fonte.- Idealista