O Goberno de España aumentará o xuro de plusvalía para a venda de vivendas con subidas do 50 % nalgúns coeficientes | Observatorio de Vivenda

O Goberno de España aumentará o xuro de plusvalía para a venda de vivendas con subidas do 50 % nalgúns coeficientes

O Goberno de España aumentará o xuro de plusvalía para a venda de vivendas con subidas do 50 % nalgúns coeficientes

As persoas que decidan vender unha vivenda mercada entre os anos 2016 e 2018 pagarán máis en concepto de plusvalía municipal que as vendas de inmobles que fosen comprados en datas anteriores, por exemplo durante o "boom" inmobiliario, así o amosa o Goberno na actualización da lei de Presupostos Xerais do 2022 onde confirma un aumento do 50 % en algún dos coeficientes máximos do xuro sobre o Incremento del Valor de los Terrenos de Naturaleza Urbanas.

Esta actualización chega despois de que no 2021 o Tribunal Constitucional derogara o deseño da anterior taxa sobre o Incremento del Valor de los Terrenos de Naturaleza Urbana ou Plusvalía Municipal, así a actualización presentada por  Facenda fai que a partir de 2023 este calculese multiplicando o valor da vivenda por un baremo que dependerá do ano de compra da mesma, así as propiedades máis recentes, que teñen unha revalorización máis alta pagarán unha cantidade maior. Os baremos máis altos serán en principio os correspondentes aos anos 2016 (0,18%) 2017 (0,19%) e 2018 (0,19%) aumentando en algúns casos no 50%, como por exemplo no 2015 que pasa do 0,10 ao 0,15.

Fonte.- La Vanguardia