O Goberno de España prepara a primeira lei estatal de acceso á vivenda | Observatorio de Vivenda

O Goberno de España prepara a primeira lei estatal de acceso á vivenda

O Goberno de España prepara a primeira lei estatal de acceso á vivenda

Dende Axenda Urbana e Vivenda, o Goberno de España comunicou que traballa na elaboración da primeira lei estatal da democracia sobre vivenda. Nesta medida fixarán unha condicións mínimas de acceso aos fogares.

Trátase dunha lei ambiciosa, pois necesitará a colaboración das distintas Comunidades Autónomas da xeografía española. A protección e o fomento da vivenda pública, evitar os desequilibrios territoriais e lexislar a nivel estatal que todo cidadán español teña dereito ao acceso a unha vivenda digna serán os principais obxectivos de esta política.

Paralelamente o Ministerio traballa en leis sobre a inseguridade xurídica dos plans de vivenda e nunha lei de arquitectura, centrada na rehabilitación de inmobles públicos. 

Fonte| Cinco Días