O goberno de Irlanda adxudica a construción de 465 vivendas sociais sostibles | Observatorio de Vivenda

O goberno de Irlanda adxudica a construción de 465 vivendas sociais sostibles

O goberno de Irlanda adxudica a construción de 465 vivendas sociais sostibles

O goberno de Irlanda adxudicou a unha empresa española, OHL, a construción, nunha colaboración público-privada, de 465 vivendas sociais sostibles. En total, trátase dun investimento de 130 millóns de euros, destinados aos condados de Cork, Kildare, Clare, Galway, Waterford e Roscommon. Ademais da construción, o contrato inclúe o mantemento das vivendas, 110 apartamentos e 355 casas, por un período de 25 anos.

Fonte.- Idealista